NON VALE TODO PARA SER MELLOR

 

Esta frase semella quizais demasiado obvia, máis ás veces parece mentira que teñamos que lembrar o obvio. Hai un par de meses facíase viral o vídeo da final dos 60m obstáculos do Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta, onde o español Llopis, na loita polas medallas, caía e daba coa cabeza contra o chan ficando inconsciente. Neses momentos de preocupación por parte dos médicos atendéndoo in situ contrastaba a reacción do gañador da proba -  e dalgúns dos outros rivais-, quen pasou xunto ao atleta tendido coma un boneco e non só non fixo ademán de preocupación, senón que seguiu coas súas celebracións por todo o alto.

Isto non é o habitual no deporte, por sorte, xa que ante algunha desgracia allea moit@s deportistas adoitan parar e preocuparse pol@ rival.  Pero penso que ese vídeo merece unha reflexión sobre algo tan obvio.

No caso concreto do judo de competición os combates teñen unha intensidade moi alta, pero todos eles acaban c@s 2 rivais facendo o saúdo seguindo a norma xaponesa, para logo darse a man e mesmo abrazarse. Que toda a tempada nola xoguemos ás veces nunha competición non debe ser escusa para perder o respecto e a preocupación pola saúde do rival.

Na serie The Walking Dead en varios momentos da mesma dise que todos levamos unha máscara. Nunha conversa, Lydia dille a Daryl que súa nai, Alpha, tiña razón cando dicía que todos levamos máscaras e sorrimos, pero que cando chega un momento de pánico, cada un mira polo seu e nos esquecemos dos demais. Os momentos de tensión ou nervios non deben facernos esquecer que na vida e concretamente no deporte os valores deben imperar sobre todo.

Nos adestramentos de judo hai unha especie de código inherente á nosa arte marcial que consiste en que se combatemos contra un/unha judoka cun cinto moito máis baixo que o noso, temos que facer con moito coidado, nunca ao máximo e tratar de aprenderlle cousas que lle poidan servir.

Por moito traballo, dedicación e ilusión que haxa detrás dos nosos adestramentos, nunca debemos esquecer que non todo vale para ser mellor.

M. Mallo

Judo Club Terras de Santiago                    

Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS CUATRO VIRTUDES CARDINALES

LA PRECOCIDAD NO GARANTIZA EL ÉXITO