Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2026

DER KÜMMERER

  Hai un tempo tiven unha interesante conversa cun amigo alemán en relación a como nos comportamos os seres humanos cara o sufrimento e os problemas dos demais. Para el, había dous tipos de persoas no mundo: os Kümmerer , e os que non o son.   Non creo que haxa mellor palabra en calquera lingua para definir este concepto. No significado que nos atinxe, o Kümmerer é alguén que kümmert, é dicir, que se preocupa polos demais, que sempre con iniciativa e de maneira activa trata de resolver os problemas d@s demais. Resulta moi curiosa a outra acepción que ten esta palabra no falar alemán dos cazadores e agricultores, xa que se refire a un animal novo desvalido e fráxil… aquel que precisa que coiden del, non aquel que coida do resto. Pero volvendo ao significado que nos ocupa, como en todo, hai moitos graos e xeitos de preocuparse e coidar activamente doutr@s. Na serie de televisión Mr. Inbetween supoño que moit@s non verán ao protagonista, Ray, como un Kümmerer , cando realme...

TRASH TALK

O trash talk é un termo que se usa hoxe en día moi a miúdo no deporte, especialmente nos máis “mediáticos”. Se tomamos a definición ao pé de letra tal como aparece no Dicionario Cambridge, refírese aos insultos cara outr@s, especialmente no deporte. En realidade non deixa de ser unha práctica consistente en falar lixo, trash , aos rivais antes e sobre todo durante o partido, usando burlas, insultos, intimidacións, etc. co fin de que perdan a concentración e a efectividade. É curioso como o trash talk pode ata ser interpretado como unha mostra de personalidade ante rivais máis veteranos quen, cando ven chegar a un xogador novo que promete, aparte de tirar da súa maior experiencia, curiosamente recorren a miúdo á intimidación. Na liga de basket dos Estados Unidos, a NBA, sempre me chamaron a atención varias cousas relativas ao trash talk . Cando un rookie , ou debutante, usa o trash talk , normalmente non llo fai a un veterano, porque se considera unha ousadía. As poucas veces que ...