SE O AMOR É ISTO, NON O QUERO (O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos)
Nunha das últimas escenas da película O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos presenciamos a morte do anano Kili e a dor que isto causa na súa amada elfa Tauriel, quen, mirando ao seu rei elfo Thraundil, lle di: “se o amor é isto, non o quero. Quítamo, por favor. Por que doe tanto?” . E o rei responde: “Porque era real”. Está claro que o meu primeiro pensamento vendo esta escena non foi o judo e ata pode parecer forzado establecer un vínculo coa nosa arte marcial. Hai un tempo estaba a pensar na evolución da sociedade nos últimos vinte anos e a súa consecuencia no traballo, nos nosos pasatempos, no deporte e, concretamente, no judo. Nunca antes percibín como nestes últimos dez anos un nivel xeral tan alto de frustración, medo ao fracaso, ao éxito, a saír da zona de confort, ao novo, ao compromiso… Neses intres lembreime da escena do filme e varios pensamentos viñeron á miña cabeza. Cando levamos un tempo desenvolvendo un traballo, unha actividade ou un pasatempo coido que é no