Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

NON VALE TODO PARA SER MELLOR

  Esta frase semella quizais demasiado obvia, máis ás veces parece mentira que teñamos que lembrar o obvio. Hai un par de meses facíase viral o vídeo da final dos 60m obstáculos do Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta, onde o español Llopis, na loita polas medallas, caía e daba coa cabeza contra o chan ficando inconsciente. Neses momentos de preocupación por parte dos médicos atendéndoo in situ contrastaba a reacción do gañador da proba -   e dalgúns dos outros rivais-, quen pasou xunto ao atleta tendido coma un boneco e non só non fixo ademán de preocupación, senón que seguiu coas súas celebracións por todo o alto. Isto non é o habitual no deporte, por sorte, xa que ante algunha desgracia allea moit@s deportistas adoitan parar e preocuparse pol@ rival.   Pero penso que ese vídeo merece unha reflexión sobre algo tan obvio. No caso concreto do judo de competición os combates teñen unha intensidade moi alta, pero todos eles acaban c@s 2 rivais facendo o saúdo seguindo