Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

O TALENTO "DESPERDICIADO"

Cando falamos do talento “desperdiciado”, venme á cabeza unha escena do filme presentado en España como “El indomable Will Hunting” (Good Will Hunting) no que o actor Ben Affleck, representando a Chuckey, lle di ao seu mellor amigo, Will Hunting (o actor Matt Damon), o que significa para el, persoa sen grandes aspiracións na vida, ver ao seu mellor amigo desperdiciando o seu talento único. A película en cuestión fala do talento extremo e único; eu aquí non quero falar dese tipo de talento, senón do talento como concepto máis accesible e con distintos graos. Definir o que é o talento e quen o ten xa é de por si unha tarefa complexa. Un dos meus escritores preferidos, Edgar Allan Poe , na súa historia curta satírica cun sorprendente final, The Man That Was Used Up (1839) - en España “ El hombre que se gastó ”- mostra a un narrador que pregunta a varias persoas detalles concretos dos talentos   e éxitos dun famoso militar, que parecen   obvios para tod@s. Pero canto máis pregunta, máis

NO DOY (do galego "non dou")

Esta expresión tan tipicamente galega e tan dificilmente entendible para alguén que non sexa galeg@ - case iguala á mítica frase “malo será” – ten unha profundidade de contido que a miúdo @s propi@s galeg@s esquecemos cando a estamos a usar. E podo dicir que na miña vida oín tantas veces seguidas esta frase como nos últimos anos. O Dicionario da Real Academia Galega da unha definición breve, pero moi clara da expresión dar + participio: “s er capaz de, conseguir acabar a acción ou proceso iniciados”. No castelán de Galicia úsase moi habitualmente omitindo o verbo que define o que non somos capaces de realizar “no doy (hecho….)”. No noso club esta expresión está “prohibida”, non porque incumpra con algún tipo de estraña regra interna, senón porque na meirande parte das veces que a escoito sae no momento no que ou só fixemos un intento, ou mesmo nin o iniciamos. E resulta interesante ver como certas expresións acaban por convertese nun modo de vivir. Apenas empezamos algo que xa n