Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

¿SON JUDOKA OU FAGO JUDO?

A resposta a esta pregunta parece fácil. Pero o outro día tiña que escribir unha nova no blog sobre un evento de judo e elixir unha palabra para definir @s aproximadamente 300 nen@s que tomaron parte nel. A solución parece doada: 300 judokas. Pero moit@s del@s levan un par de meses facendo judo, outr@s moitos anos. A definición en calquera dicionario é moi clara sobre o que é un judoka: persoa que practica judo. Polo tanto, asumimos que por estar nun tatami practicando judo xa somos judokas, sen embargo non por tocar música nos consideramos ou consideran músic@s, nin por patinar somos tod@s patinador@s, ou por subirnos a unha bici somos ciclistas. Isto levoume a facerlles unha pregunta @s meus alumn@s, que confeso xa fixen algunha outra vez no pasado a outras xeracións de alumn@s: sodes judokas? Moit@s asociaban ser judoka ou non ao cinto, aos anos pasados no tatami ou á competición, vari@s dicían que el@s facían judo, que non eran judokas. A cuestión pode dar varias reviravoltas