¿SON JUDOKA OU FAGO JUDO?

A resposta a esta pregunta parece fácil. Pero o outro día tiña que escribir unha nova no blog sobre un evento de judo e elixir unha palabra para definir @s aproximadamente 300 nen@s que tomaron parte nel. A solución parece doada: 300 judokas. Pero moit@s del@s levan un par de meses facendo judo, outr@s moitos anos.

A definición en calquera dicionario é moi clara sobre o que é un judoka: persoa que practica judo. Polo tanto, asumimos que por estar nun tatami practicando judo xa somos judokas, sen embargo non por tocar música nos consideramos ou consideran músic@s, nin por patinar somos tod@s patinador@s, ou por subirnos a unha bici somos ciclistas.

Isto levoume a facerlles unha pregunta @s meus alumn@s, que confeso xa fixen algunha outra vez no pasado a outras xeracións de alumn@s: sodes judokas? Moit@s asociaban ser judoka ou non ao cinto, aos anos pasados no tatami ou á competición, vari@s dicían que el@s facían judo, que non eran judokas.

A cuestión pode dar varias reviravoltas, porque se falamos de cando nos empezamos a considerar judokas, tamén podemos preguntarnos cando deixamos de selo. Unha persoa moi sabia adoitaba dicir que el deixaría o judo cando se vise reflectido nun espello e lle parecese que ía disfrazado. Se cadra tiña razón, porque a realidade detrás da súa afirmación é que xa non se vería como un judoka.

Xa que vari@s alumn@s asociaban ser judokas a ser competidor@s, pregunteilles a tod@s se se consideraban competidor@s. Pasan os anos, pero non cambian as respostas: ser competidor ou non parecía estar tan só vinculado ao nivel, á frecuencia, aos resultados. O sorprendente era nalgún caso de quen viñan certas respostas. A Real Academia Galega non se complica a vida e define o adxectivo e substantivo competidor/a como “que compite”.

Estes debates pode parecer que non  levan a ningures, xa que en parte non deixa de ser unha cuestión terminolóxica. Pero parece que, dadas as respostas, vai máis lonxe, porque ten que ver coa visión que ten un mesmo e as connotacións negativas e positivas. Por exemplo, se non nos consideramos capacitad@s ou cos méritos suficientes para desenvolver esa actividade: non me sae ben unha técnica, non son judoka. Non teño o resultado desexado, non son competidor. Co cal, nos estamos mesmo auto limitando.

Os debates terminolóxicos non semellan propios desta época que vivimos e, como dicía nunha entrevista recente o debuxante de cómics José Manuel Puebla, a xente busca na lectura unha mensaxe directa e sinxela no que el define como un “ataque de literalidade”.

Sen caer nesa literalidade, se cadra eu como sensei teño que partir da idea de que calquera que entre no meu tatami, se considere judoka ou non, ten que actuar como tal: saudar como se fai no judo, camiñar como se fai en judo, entrar no código, costumes, linguaxe do judo. Polo tanto, nese tempo que están comigo no tatami tod@s se comportan como judokas ou tratan de comportarse como tales. E probablemente iso é o único que importa. Unha vez que se entra nun tatami, somos judokas, aínda que sexa por unha hora.

Pero é entendible que proxectemos as nosas sensacións ao tempo fóra do tatami. Moit@s poñen fotos súas de perfil co judogi, outr@s non falan do judo, uns/unhas o ven como unha simple actividade extraescolar ou de evasión do traballo, pero para moit@s é unha filosofía de vida e/ou unha paixón. Moit@s nos sentiremos judokas toda a nosa vida tanto dentro como fóra do tatami. E ti: ¿fas judo ou es judoka?

Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS CUATRO VIRTUDES CARDINALES

NON VALE TODO PARA SER MELLOR

LA PRECOCIDAD NO GARANTIZA EL ÉXITO