Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

A FAMOSA ZONA DE CONFORT

Todo o mundo ten escoitado falar da “famosa” zona de confort, ese estado mental ou psicolóxico que inclúe rutinas, pensamentos, accións, etc. que nos levan a unha sensación de seguridade, pero sen a priori tomar riscos. Penso que adoitamos usala para casos nos que en realidade estamos ben, pero podiamos estar mellor ou aspirar a máis. Pero non sempre é así e vemos moitos casos de xente que, malia as súas moitas penurias, prefiren quedar no mundo que coñecen. Xustamente parece ser ese o problema do protagonista principal do filme “El indomable Will Hunting”, filme citado na anterior reflexión . Ese medo ao descoñecido, á inseguridade de non lograr aquelo ao que aspiramos, está á orde do día no judo: impide en moitas ocasións tratar de facer técnicas distintas, participar en competicións, adestrar máis días, non probar defensas ou estratexias distintas… ou lévanos mesmo a afirmar que para perder (ou non) en primeira ronda fóra da nosa rexión, mellor perder (ou non) nun torneo preto