Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

OS DETALLES IMPORTAN... PERO NON SEMPRE

Na serie televisiva de acción Reacher o protagonista usa continuamente a expresión in an investigation details matter (“nunha investigación os detalles importan”), cando está a tratar de esclarecer un caso e a súa busca do máis mínimo detalle roza o obsesivo. Como xa expuxen noutra reflexión, para min o perfeccionismo non existe na maneira en que tratamos de aplicar este concepto. Pero iso non quere dicir que non pense que non se deba aspirar á chegar á calidade ou mesmo á excelencia. E para logralo, os detalles importan; ou mellor dito: a atención ao detalle importa. Para ser un bo ou unha boa judoka, primeiro hai que parecelo. Adoito dicir isto cando algún judoka entra co judogi desamañado. O judo per se caracterízase por unha meticulosidade extrema froito dunha filosofía e principios moi claros desde a creación da nosa arte marcial por Jigoro Kano . @s judokas temos que ser escrupulos@s incluso na maneira de entrar no tatami : como colocamos o cinto, como poñemos o judogi