A FAMOSA ZONA DE CONFORT

Todo o mundo ten escoitado falar da “famosa” zona de confort, ese estado mental ou psicolóxico que inclúe rutinas, pensamentos, accións, etc. que nos levan a unha sensación de seguridade, pero sen a priori tomar riscos.

Penso que adoitamos usala para casos nos que en realidade estamos ben, pero podiamos estar mellor ou aspirar a máis. Pero non sempre é así e vemos moitos casos de xente que, malia as súas moitas penurias, prefiren quedar no mundo que coñecen. Xustamente parece ser ese o problema do protagonista principal do filme “El indomable Will Hunting”, filme citado na anterior reflexión.

Ese medo ao descoñecido, á inseguridade de non lograr aquelo ao que aspiramos, está á orde do día no judo: impide en moitas ocasións tratar de facer técnicas distintas, participar en competicións, adestrar máis días, non probar defensas ou estratexias distintas… ou lévanos mesmo a afirmar que para perder (ou non) en primeira ronda fóra da nosa rexión, mellor perder (ou non) nun torneo preto da nosa casa.

Co tempo acumulamos experiencia, pero tamén collemos hábitos e rutinas, tanto boas como malas e, posiblemente, en moitas ocasións, canto máis tempo pasa, o muro que rodea a nosa zona de confort vaise facendo cada vez máis grande e chega un momento en que pode parecer imposible traspasalo.

Pero se dunha cousa vai o judo é de romper muros, vencer obstáculos. Como afirma John Locke, un dos personaxes principais da serie televisiva “Perdidos (Lost)”, en distintos episodios: “non me digas o que non son capaz de facer”. Pero para iso, temos que tomar riscos e saír da nosa zona de confort.

M. Mallo

Judo Club Terras de Santiago                

Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS CUATRO VIRTUDES CARDINALES

NON VALE TODO PARA SER MELLOR

LA PRECOCIDAD NO GARANTIZA EL ÉXITO