SE O AMOR É ISTO, NON O QUERO (O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos)

Nunha das últimas escenas da película O Hobbit: A batalla dos cinco exércitos presenciamos a morte do anano Kili e a dor que isto causa na súa amada elfa Tauriel, quen, mirando ao seu rei elfo Thraundil, lle di: “se o amor é isto, non o quero. Quítamo, por favor. Por que doe tanto?”.  E o rei responde: “Porque era real”.

Está claro que o meu primeiro pensamento vendo esta escena non foi o judo e ata pode parecer forzado establecer un vínculo coa nosa arte marcial.

Hai un tempo estaba a pensar na evolución da sociedade nos últimos vinte anos e a súa consecuencia no traballo, nos nosos pasatempos, no deporte e, concretamente, no judo. Nunca antes percibín como nestes últimos dez anos un nivel xeral tan alto de frustración, medo ao fracaso, ao éxito, a saír da zona de confort, ao novo, ao compromiso…

Neses intres lembreime da escena do filme e varios pensamentos viñeron á miña cabeza. Cando levamos un tempo desenvolvendo un traballo, unha actividade ou un pasatempo coido que é normal ter subidas e baixadas de motivación e ánimo e é lexítimo deixalo e empezar con outra cousa. Mais penso que demasiado a miúdo nos esquecemos de que calquera cousa na nosa vida, desenvolvida ao longo do tempo, é como o amor: moitas veces da pracer, pero ás veces doe e é mellor telo a non telo a pesar dos nosos medos.

A constancia – e máis hoxe en día – é para min unha das cualidades máis importantes na vida e, en ocasións, das máis infravaloradas. Como lles digo @s meus alumn@s algunha vez: vós, facendo unha actividade, o judo, tanto tempo, tedes un tesouro. Facede todo por conservalo.  Pero quen dixo que isto ía ser sempre un camiño de rosas?

M. Mallo

Judo Club Terras de Santiago                    

Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS CUATRO VIRTUDES CARDINALES

NON VALE TODO PARA SER MELLOR

LA PRECOCIDAD NO GARANTIZA EL ÉXITO