A SOIDADE DURANTE A COMPETICIÓN
Falando un día coa nai dun competidor
saíu una cuestión do judo de competición – e en realidade común a todo deporte
- que desde fóra ás veces costa entender. Eu chámolle a isto a necesaria
soidade d@ competidor@, é dicir, as ferramentas, costumes, manías e rituais que
nos levan como individuos a centrarnos no obxectivo único de ter o mellor
rendemento posible no evento.
Antes de que todo tipo de ferramenta
dixital dominara o mundo e, como non, o judo, nas competicións @s judokas
adoitaban socializar un anaco falando c@s rivais e compañeir@s para logo, unha
vez ía chegando a hora da competición, pasar a modo concentración e dalgún
xeito, a un illamento do mundo externo. Isto materializábase de varios xeitos: poñer
unha capucha e dar voltas, ficar nunha esquina, camiñar pola zona externa ao
tatami, mirar atentamente os combates anteriores, etc.
Hoxe en día, coa tecnoloxía este espazo
de tempo previo aos combates pasou a ser dominado por móbiles, cascos nas
orellas con música ou o que teña a ben @ judoka escoitar nese momento, WhatsApps,
etc.
Persoalmente penso que todo vale mentres
funcione. Eu prefería o illamento case total, salvo o momento inmediato previo
aos meus combates, outr@s prefiren falar, outr@s mirar, outr@s música, falar na
zona de quentamento… Dalgunha maneira non deixan de ser rituais previos á
competición que buscan o modo de centrarse no que se aproxima.
Canto máis nov@s son @s competidor@s,
máis fácil é que se desconcentren ou que estean pensando en cousas alleas á
competición e é labor d@s adestrador@s tratar que se centren na competición.
Aínda que a socialización a través do deporte é fundamental e antes dun
campionato todo o mundo fala con todo o mundo, chega un momento non definido en que
cada judoka e cada adestrador@ ten que ir ao seu: repasar tácticas,
quentamento, concentrarse, etc. Certo é que sempre pode haber unha interacción
co público, que adoita ser familia e amig@s, pero chegado o momento, o tatami
vai por unha banda e o resto do universo vai por outra.
Este punto de
inflexión, por chamalo dalgunha maneira, leva ao título da reflexión: a
necesaria soidade na competición, tanto d@ judoka como d@ adestrador@. Pode
resultar curioso que separe ambas partes, porque son d@s que pensan e sinten que
a relación entre amb@s estreitase e refórzase nas situacións de máxima tensión,
o cal acontece cos éxitos e os fracasos en toda competición. Mais non só @ judoka precisa dese momento de soidade consigo mesm@ rodead@ de todo un
pavillón cheo ata a bandeira, senón que mesmo moit@s @s adestrador@s buscamos
un momento de soidade nese formigueiro para afrontar o desafío do día, onde se
reflicte o traballo de toda unha tempada.
Durante a
retransmisión do judo dos actuais Xogos Olímpicos de París as cámaras da
televisión estiveron amosando a zona de quentamento e os momentos previos aos
combates polas medallas, onde @s 2 judokas implicad@s e @s adestrador@s agardan
para acceder á zona de competición. Unha
icona do judo mundial, Neil Adams, conselleiro
técnico da Federación Internacional de Judo e
comentarista de televisión, falaba desta cuestión: como había judokas que
falaban c@s adestrador@s e outr@s que preferían non dicir nada entre el@s,
vari@s danse apertas ou intercambian palabras ou xestos, outr@s camiñan xuntos
sen interacción aparente.
No tatami @ protagonistá é @ judoka e @s
adestrador@s pasan a ser un apoio. Certo é que unha palabra a tempo ou simple
xesto valen para que @ judoka reaccione ou unha simple mirada. Aínda que un
berro a tempo para espertar @ judoka pode ser a mellor arma nalgún caso, a
miúdo é igual ou máis efectiva a comunicación non verbal entre amb@s. En cada
momento en que se para o combate, @s judokas adoitan buscar cos ollos a
complicidade do seu ou da súa adestrador@, quen a miúdo só fai un xesto coa
cabeza e @ judoka entende de inmediato.
Este tipo de conexión lémbrame unhas
palabras da lenda da percusión internacional, o batería británico Simon Phillips, quen afirmaba que non entendía como
había bandas nas que durante os concertos nin se miran nin hai comunicación
visual entre eles, mentres que el precisa dese contacto visual co
resto da banda para tocar o mellor posible.
Pero por moi fundamental que sexa toda esta interacción c@s demais durante
unha competición, penso que é importante e mesmo necesario un certo grao ou
momentos de illamento, o que eu chamo a soidade durante a competición.
M. Mallo
Comentarios
Publicar un comentario