A RETIRADA DA COMPETICIÓN

 

Nos campionatos de judo hai varios perfís de persoas que pululan polas bancadas e no edificio do pavillón: @s que visten indumentaria deportiva dun club, outr@s circulan co judogi posto, con traxe e corbata, @s que visten casual, etc. Moit@s del@s comparten o feito de que nalgún momento participaron nalgunha competición ou foron competidor@s habituais.

A miúdo repítense temas de conversación que adoitan rememorar tempos pasados, e a modo de abuelo cebolleta contamos as nosas batallas, desde combates vistos ou realizados ata lesións. Cando se trata das nosas dores, semellamos @s tamalous, en francés “t’as mal où” (“onde che doe?”), termo co que, entre outr@s persoas, cert@s profesionais gal@s do turismo se refiren ao perfil maioritario da súa clientela, dada a idade avanzada desta. O tamalou é unha persoa que fala ou se queixa a miúdo das súas doenzas.

No fondo, estas conversas non deixan de ser un certo tipo de camaradería entre guerreir@s nov@s e menos nov@s, que me fai sempre pensar no pioneiro filme Tiburón de Steven Spielberg.  Nunha das escenas nun barco, dous d@s protagonistas beben, falan e empezan a mostrar as súas cicatrices, un como mariñeiro da vella escola, o outro como científico expedicionario, e danse conta de que, a pesar das súas diferenzas, en realidade teñen experiencias moi similares.

Sempre tiven e cada vez máis teño a sensación de que esa camaradería nas conversas durante unha competición esconde parte ou moito de nostalxia, orgullo, satisfacción e mesmo frustración. Isto lévame ás veces a reflexións sobre a retirada da competición e especialmente á súa aceptación.

Hoxe en día, hai máis consciencia da dificultade para moit@s competidor@s de aceptar a súa retirada e sobre todo nos deportes “maioritarios” hai un seguimento máis profesional no eido psicolóxico e emocional e da súa transición de deportista en activo á súa retirada da competición.

Moit@s competidor@s retíranse progresivamente, moit@s abruptamente e, dependendo das súas expectativas cumpridas ou non e doutros moitos máis factores, teñen unha retirada máis ou menos feliz. Creo que moit@s aínda hoxe en día nos vemos como competidor@s, a pesar de levar anos retirad@s.

Ao igual que noutras moitas facetas da nosa vida, cando deixamos unha actividade que levamos a facer moito tempo – a xubilación é un moi bo exemplo-, os sentimentos son encontrados e, en moitos casos, negativos. Penso que non debemos subestimar a importancia desta transición. É moi ilustrativo o relato do polémico ex xogador de basket da NBA Gilbert Arenas, quen fala abertamente da súa retirada temperá da competición e como, a pesar de ser rico e famoso, lle afectou negativamente ao seu novo día a día, xa que tiña uns hábitos moi establecidos.

Outr@s, como o extraordinario ciclista Alejandro Valverde, deixan a alta competición de ciclismo en estrada con 43 anos neste caso, anuncian a súa retirada, para meses despois… competir e acabar 4º no campionato do mundo de gravel (ciclismo en grava) ou participar en competicións de cicloturismo.

Está claro que canto máis alto sexa o nivel de competición, máis tempo, ilusión e esforzo invisten @s competidor@s. Pero tod@s el@s, sexa cal sexa o seu nivel, teñen en común que, aínda que saben que a súa carreira deportiva antes ou despois chegará ao seu fin, no momento preciso no que isto ocorre, non resulta fácil dixerilo e ese proceso de aceptación pode levar mesmo anos… ou seguir pensando que aínda o son.

 

M. Mallo

Judo Club Terras de Santiago              


Comentarios

Entradas populares de este blog

LAS CUATRO VIRTUDES CARDINALES

NON VALE TODO PARA SER MELLOR

LA PRECOCIDAD NO GARANTIZA EL ÉXITO