O ÉXITO ESTÁ INFRAVALORADO
A xente adoita dicir que a sociedade actual é moi competitiva. Eu estou de acordo en que en moitos temas é así e que se promove sobre todo nas altas esferas a creación dunha élite cada vez máis alonxada do resto d@s mortais. Pero non penso que no día a día da meirande parte da xente a competitividade sexa o motor que nos move, máis ben creo que é o contrario. Palabras como competitividade, gañador, éxito, horas de adicación a unha actividade… para moitísima xente son negativas. Está claro que nada é branco ou negro e ten que haber un equilibrio, polo que ten que haber persoas ás que lles dea igual chegar a un certo nivel e outras que queiran ser as mellores do mundo. O problema para min é cando só temos eses dous polos e a miúdo teño esa sensación. Lembro en conversacións cun familiar no pasado que a miúdo saía a frase “é que ti es moi competitivo”, normalmente cando nos referiamos ao tempo adicado a tratar de facer algo ben, e era interpretado como algo negativo. Neste senti...