A MEMORIA: ESA FACULTADE TAN ESQUECIDA
É obvio que as sociedades cambian e temos que adaptarnos aos cambios. As destrezas, necesidades, habilidades e demais ferramentas van evolucionando, varían, incluso desaparecen e aparecen outras novas. Simple lei de vida. Creo que na sociedade actual hai unha facultade que estamos deixando de explotar: a memoria. Uso o termo facultade porque é así como a define o dicionario da Real Academia Galega : “ facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas”. Noutra das súas entradas defínea como o “recordo colectivo que queda de algo ou de alguén”. Cando queremos ir a un sitio, xa non tratamos de lembrar ou ler os carteis, simplemente poñemos o google.maps ou o GPS. Persoalmente, nunca vin tanta xente como agora que non da chegado aos sitios, ou que se perda tanto, porque non interpreta o GPS, só mira para el sen ligalo coa estrada e os carteis cos nomes das localidades, ou mesmo aínda de ter xa estado varias veces nun lugar, non lembra como ir, po...