OS GUERREIROS DE TERRACOTA DE XI’AN, CHINA
No ano 1974 un labrego atopou por casualidade en Xi’An, China, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da humanidade. Aínda que moito está por desenterrar, o mausoleo do primeiro emperador Qin (210 a.C.), patrimonio mundial pola Unesco , é un conxunto de miles de soldados , xenerais, mesmo cabalos e outros elementos, todos eles en tamaño natural e modelados en terracota. O sorprendente non é soamente a cantidade, calidade, época de realización e realismo das figuras, senón o feito de que estas figuras, que a primeira vista asemellan ser iguais, en verdade representan todas elas seres humanos con trazos distintivos. Por raro que poda parecer, a miúdo penso neste xacemento, cando nos distintos eidos da miña vida escoito a alguén falar dunha persoa achegada como se só esa persoa tivese unha característica concreta e fose, digamos, especial. Non digo que non o sexa, pero cantas veces falamos d@s nos@s alumn@s, fill@s, amig@s, etc como xente especial e diferente aos demai...